Urbanismo deu luz verde ao retorno a casa dos veciños do número 20 da rúa Colombia
O alcalde, Abel Caballero, informou este mércores que o goberno local ven de levantar a orde de desaloxo que pesaba sobre edificio número 20 da rúa Colombia, co que os veciños xa poden retornar ás súas vivendas con todas as "garantias" ofrecidas polos técnicos. O realoxo do número 20 da continuidade ao efectuado no número 18 con anterioridade, concluíndo os desaloxos da rúa Colombia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este mércores da resolución dictada pola Xerencia de Urbanismo de levantamento da orde de desaloxo sobre o edificio número 20 da rúa Colombia.
Trátase do inmoble que presentaba "maiores deficiencias", en verbas de Caballero, e que requeríu da realización dalgunhas obras que asegurasen a súa estrutura. Os técnicos xa dan todas as "garantias" de seguridade, polo que o goberno local permite aos veciños a volta ás súas vivendas.
Co retorno ás súas casas dos inquilinos do número 20 conclúese os desaloxos realizados polo Concello por prevención na rúa Colombia, que afectou ao 18 e ao 20, pero que non fixo necesario evacuar aos do número 22. "O importante é que os tres bloques de vivendas atópanse xa habitados e en condicións de seguridade", afirmou.
As reparacións foron costeadas pola promotora do edificio colindante e o custo do realoxo dos veciños será trasladado tamén á empresa, que amosou durante o proceso unha "moi boa disposición", asegurou o rexedor.