Un informe externo cualifica como boa a situación financeira do Concello de Vigo
venres, 6 xuñ 2003O concelleiro de Facenda, Xavier Toba, presentoulle ao pleno da corporación municipal o informe elaborado pola empresa Fitch Ratings España sobre o estado das finanzas do Concello de Vigo. Nese informe cualifícase como boa e estable a execución presupostaria e como moderado o grao de endebedamento da institución.