Escoitar

Vigo ten a presión fiscal máis baixa de toda Galicia e un 25% menos que A Coruña

Abel Caballero reiterou hoxe que "aínda que a algúns lles moleste" Vigo ten a presión fiscal máis baixa de toda Galicia , incluida Pontevedra, e un 25% menos que A Coruña. Así dixo esta mañá durante unha visita que fixo ao centro de FP de Teis.

mércores, 19 set 2012
1348070172teis.JPG
O alcalde de Vigo insistiu hoxe mércores en que Vigo "aínda que a algúns lles moleste" é a cidade con menor presión fiscal de toda a Comunidade, incluída Pontevedra, cunhas cifras que a sitúan un 25% por debaixo de A Coruña. Durante a súa comparencia cos medios logo de visitar o centro de FP de Teis, Caballero puxo como exemplo a taxa cero para terrazas ou para licenzas no que cualificou como "un impulso para a actividade poida recuperarse e crear emprego". Precisamente, matizou, ese mesmo obxectivo é o que se persegue cos maís de 7 millóns de euros que o Concello adica a plans de emprego, un esforzo económico que comparou cos 180.000 euros que inviste a Xunta de Galicia en políticas de emprego para a cidade.

En relación co centro de FP de Teis e logo de loubar a calidade da docencia na cidade, referuise á necesidade de saír da crise para darlle saída profesional aos mozos e mozas que nestes momentos estánse a formar neste instituto ao tempo que reiterou o compromiso do Goberno local coa educación pública e de calidade.

Durante a súa intervenición, Caballero relatou que esta mesma mañá recibiu unha invitación do presidente da Xunta para acudir en Santiago a unha sinatura dun contrato que, supostamente, reportará carga de traballo para os astaleiros de Vigo. Agradeceu a Feijóo públicamente a invitación, matizando que ao chegar tan tarde non poido acudir por motivos de axenda. En todo caso, dixo que se confirma a chegada de contratos para o naval vigués, esta iniciativa terá todo ao apoio e o estímulo do goberno local.
Descargar todas as imaxes