O Concello apoia os 10 km Praia de Samil, este domingo, cunha inscrición que supera as previsións
Samil vivirá unha proba do calendario atlético popular este domingo, ao disputarse por vez primeira os 10 km Praia de Samil, unha iniciativa da organización da Media Maratón de Vigo, cuxa cabeza máis visible é o atleta olímpico Javier Álvarez Salgado.
A carreira, terceira iniciativa nova do ano tras Correndo por Vigo e a Carreira do Celta, pecha o seu prazo de inscrición este venres ás 14 horas e xa chega precedida polo éxito. A día de hoxe a organización rolda os 900 inscritos, entre os que se atopa o santiagués Pedro Nimo, gañador en xuño da Nocturna de San Xoán, reserva olímpico en maratón e que a vindeira semana correrá o Maratón de Berlín.
Este 10.000 urbano pola avenida de Samil, que conta co apoio loxístico do Concello a través de catro concellerías (Deportes, Limpeza, Seguridade e Tráfico, e Parques e Xardíns), foi presentado hoxe polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, que asegurou que "o atletismo ten cada vez máis practicantes en Vigo". O edil socialista aplaudiu que esta proba some novidades como unha carreira non competitiva de patíns ademais "doutras actividades complementarias que dan un valor engadido".
"Foi unha idea do meu fillo", confesou Álvarez Salgado, que está apoiado pola súa familia, tamén plena de ADN atlético, nunha proba que xa se vai a colocar como a segunda máis importante de Vigo (a Vigo+11 é referente) polo esforzo de facela chegar a todos. "Interésanos o atleta popular, porque a importancia dunha carreira dana os atletas populares", asegurou Álvarez Salgado, feliz pola resposta dos deportistas.
Ademais do Concello, Metropolitan e Decathlon patrocinan o evento, xunto a outras firmas, e fornecerán á carreira principal, fixada para as 11:45 horas, de actividades paralelas (crossgym na praia, unha pista inchable, un circuíto viario...) a fin de que esta edición sexa unha aposta polos atletas, "pero tamén polos mozos e as familias", dixeron os patrocinadores, representados por David Lorenzo (Decathlon) e Susana Fernández (Metropolitan).
Para Salgado, toda primeira edición "custa pola en marcha", pero dende a organización advírtese que "a colaboración da Concellería deunos máis empuxe e ánimo". Ata a data, as sete carreiras urbanas en Vigo ou coa cidade como punto de partida congregaron a 7.235 atletas, fronte ás cinco rexistradas en 2011 (6.983 participantes).
Dúas carreiras de 1.000 e 2.000 metros para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 8 e 15 anos, con inscrición gratuíta, servirán como quecemento previo (11:15 e 11:30 horas). Samil, dende o domingo, xa non só será unha referencia de partida da popular Vig-Bay porque acadará o seu propio espazo atlético, con saída e chegada á beira do complexo deportivo municipal.
Descargar todas as imaxes