Escoitar

A presión fiscal en Vigo é a máis baixa das cidades galegas, salienta o alcalde

Abel Caballero ofreceu este martes datos da presión fiscal á que están sometidos os habitantes das principais cidades galegas, sendo Vigo a urbe cunha menor presión con 741 euros por cada vigués, polos 916 de A Coruña ou os 1024 en Santiago de Compostela, un 23% e un 38% máis que en Vigo, respectivamente.

martes, 18 set 2012
1347969424alcalde4.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que "temos a presión fiscal máis baixa de todas as cidades de Galicia", cun nivel de ingresos municipais por habitante de 741 euros.

O primeiro edil comparou estes datos, correspondentes ao presente 2012, con algunhas outras cidades galegas. En Coruña, segundo explicou, o ingreso por habitante ascende a 916 euros, un 23,6% máis que en Vigo; en Santiago de Compostela ascende a 1024 euros, un 38,2% superior á viguesa.

En Lugo, os seus cidadáns aportan 937 euros -un 26,4% máis que en Vigo- e en Ourense páganse 969 euros, un 30,8% máis, tal e como explicou Caballero. O alcalde indicou que esta presión fiscal compaxínase coa prestación dos servizos públicos e o incremento do investimento nos últimos anos a cargo do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes