Escoitar

O goberno local aprobará a conxelación real das taxas ao aplicar o 2,1% de IPC

A Xunta de Goberno Local aprobará a aplicación do 2,1% de IPC ás taxas municipais e conxelará as escolas infantís e a asistencia domiciliaria. Tal e como avanzou o rexedor, manteránse as bonificacións e habilitaránse novas exencións.

luns, 17 set 2012
1347882882alcalde2.jpg
O goberno local dará luz verde á conxelación das ordenanzas fiscais que "en termos reais" coa aplicación do 2,1% de IPC, aínda que nestes momentos este índice xa está no 2,7 e previsiblemente rematará o ano por riba do 3, vaticinou. Respecto das escolas infantís e a asistencia domiciliaria, "mantemos o prezo nominal e, polo tanto, haberá diminucion real de prezos". Do mesmo xeito, actualizaránse os mínimos exentos na Escuela Municipal de Música, na Escola Municipal de Teatro, en VigoZoo, nas Escolas deportivas municipales, no IMD e na expedición de documentos.

No tocante ás bonificacións e exencións, mantéñense todas as contempladas ata o de agora. No imposto de vehículos, os ecolóxicos terán unha diminución do 75% durante dous anos; haberá unha reducción do 90% en taxas de licenzas para locais menores de 150 metros cadrados; taxa "cero" para terrazas, co conseguinte apoio que supón esta medida cara á creaación e mantemento de emprego no sector hostelero.

Na taxa do lixo, hai exencións para familias monoparentais, familias numerosas e maiores que viven sos. Ademais, bonificacións do 3% no IBI por pago en dous prazos e bonificacións do 20% na taxa do lixo de oficiñas e despachos e descontos a empresas consideradas de interés municipal. En total, falamos de 18.214 familias viguesas beneficiadas o que supón unha "moi significativa disminución da presión fiscal", resaltou.

Como novidades, apuntou o establecemento de 5 tarifas, en función do tamaño, para a taxa de basura a fruterías. No IMD, incorporase un abono individual, mensual e anual, para as piscinas, unha bonificación do 25% aos que acrediten estar empadroados en Vigo e unha reducción do 50% a familias numerosas con percepcións máximas anuais inferiores a dúas veces o salario mínimo interprofesional.
Descargar todas as imaxes