O Concello actualizará a cartografía de todo o termo municipal nos próximos tres meses<br />
O Concello terá a súa cartografía actualizada segundo acordaron hoxe venres os membros da Xerencia de Urbanismo, co obxectivo de mellorar o soporte informático e facilitar o desenvolvemenoto do Plan Xeral.
A Xerencia de Urbanismo desta mañá acordou inciar o expediente de contratación do servizo de actualización da cartografía de Vigo, por un valor de 32.000 euros e un prazo de execución de tres meses. O obxectivo é mellorar o soporte informático e dispoñer de cartografía actualizada para o desenvolvemento do Plan Xeral. Asimesmo, avanzou o rexedor, deuse conta de concesión de 16 licenzas de obra e 4 de actividade para un investimento de 750.000 euros.
Continuando co urbanismo, Caballero explicou que a Xunta local de Goberno aprobou a urbanización dunha nova rúa entre San Sebastián e Abeleira Menéndez, cun importe de obra de 241.000 euros. Os traballos comezarán o próximo mes de outubro e se prolongarán durante tres meses. Tal e como explicou, construirase unha praza pública peonil, colocarase granito, renovaranse os puntos de luz, novas zonas axardinadas, ademais da renovación de servizos soterrados.