O alcalde comprométese co comité de empresa a estudar fórmulas legais para manter o poder adquisitivo dos traballadores públicos
Abel Caballero e os membros do comité de empresa pactaron hoxe venres a convocatoria da mesa de negociación do convenio para buscar vías legais que permitan recuperar o poder adquisitivo dos empregados públicos tras os recortes do Goberno Central.
Logo da reunión que mantiveron hoxe venres o alcalde, o concelleiro de Persoal, Carlos López Font, e os membros do comité de empresa, o rexedor avanzou a existencia de mecanismos "cumprindo escrupulosamente a lei" para que os traballadores palíen a perda de poder adquisitivo consecuencia dos recortes do Goberno Central. Tras aclarar que as leis autonómicas impiden a solución que aplicará a comunidade foral de Navarra, anunciou a convocatoria da mesa de negociación do convenio para traballar noutras vías, recoñecendo que "hai algunhas ideas e todas elas cumpren a lei". Durante a súa intervención, lembrou que os traballadores públicos perderán este ano o 7,1 por cento da súa capacidade adquisitiva, unha cantidade que se suma ao 5,1% que perdeu o ano pasado, coa conxelación da suba do IPC.
Descargar todas as imaxes