Caballero destaca a "tremenda forza moral" de Chano Rodríguez, recibido hoxe no Concello
O nadador paralímpico entregou a bandeira de Vigo coa que foi aos Xogos de Londres e anunciou que o vindeiro ano tentará a Travesía de Sálvora.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e os concelleiros nacionalistas Santi Domínguez e Xabier Alonso recibiron hoxe a Chano Rodríguez, triple medallista nos Xogos Paralímpicos de Londres, dos que o nadador saiu moi satisfeito tanto pola súa colleita de metais como pola "increíble" presenza de afeccionados durante todas as xornadas.
Chano, que entregou a bandeira da cidade que o Concello lle deu para acudir aos Xogos, contou as súas experiencias nos Xogos e lembrou que as medallas son moi bonitas, pero hai que curralas todos os días".
No decurso da recepción, duns vinte minutos, o alcalde recoñeceulle "a tremenda forza moral" que o deportista ten, e este anunciou que o ano que ven tentará a Travesía de Sálvora. "Fixen a de Cíes e a de Ons, e agora me queda esta", dixo Chano.
O Concello agasallou a Chano cunha foto en gran formato do nadador na piscina londinense cos tres metais.
Descargar todas as imaxes