A Casa Galega da Cultura acolle unha exposición da historia do Club Montañeiros Celta
O Concello de Vigo colabora na posta en marcha da exposición que percorre os 70 anos de historia do Club Montañeiros Celta. A mostra abre as súas portas hoxe xoves, ata o próximo 27 de setembro. <br />
A Casa Galega da Cultura acolle desde esta tarde de xoves a Exposición "1942-2012: 70 anos de historia de Club Montañeiros Celtas". A exhibición contará ademais cun ciclo de conferencias dende o 13 ao 27 de setembro, con entrada libre ata completar aforo, no salón de actos. A mostra, que conta coa colaboración do Concello de Vigo, recolle material do club cedido polos socios e percorrerá a evolución da organización. Desde as primeiras cordas e roupas, calzado e distintos enseres dos comezos do club, alá polo 1942, cando eran Sección de Montaña RC Celta.
Descargar todas as imaxes