Escoitar

Caballero espera que este curso 520 estudantes poidan disfrutar dunha bolsa de inglés

O alcalde de Vigo despediu esta mañá no aeroporto de Vigo a outros 114 estudantes que parten a estudar a distintas zonas de Gran Bretaña dentro do programa Vigo en inglés, subvencionado polo Concello. Tal e como avanzou, a intención do Goberno e que ao longo deste curso sexan 520 alumnos os que disfruten desta estancia.

martes, 18 set 2012
1347969548beca.jpg
Abel Caballero achegouse hoxe martes a Peinador para despedir a outros 114 estudantes que esta mañá partiron a distintas cidades de Gran Bretaña dentro do programa municipal Vigo en inglés. Estes alumnos de secundaria sumánse aos 109 que partiron o sábado pasado, aos 103 que sairán o sábado 22 e, por último, aos 102 que viaxarán o xoves 27 de setembro. Deste xeito, dixo, son 375 alumnos de 4º da ESO os beneficiados con este programa, aos que se suman as 72 bolsas da Escola Oficial de Idiomas e outras 70 que, previsiblemente, se outorgarán en xaneiro para os centros concertados. O final, resumiu, estaremos a falar de 520 alumnos beneficiados dun programa no que o Concello inviste máis dun millón de euros ao ano.

Durante a súa comparecencia, indicou que estes alumnos viaxan no voo a Londres subvencionado polo Concello "con moi boa capacidade de ocupación", matizou.
Descargar todas as imaxes