O Concello da por aprobado por silencio administrativo o Plan Económico Financeiro
Abel Caballero explicou que se deu xa a orde de circular o crédito do Concello para poder iniciar os investimentos pendentes da aprobación deste plan económico, unha vez superado en 3 meses o prazo previsto pola lei para que a Xunta o autorizara.
O alcalde explicou que a día de hoxe están pendentes de implementación diversas inversións municipais, como a apertura do pavillón de Teis, porque a Xunta de Galicia non aprobou o Plan Económico Financeiro (PEF), unha autorización administrativa que corresponde á administración autonómica. "É un trámite burocrático pero significa que a operación de crédito que imos facer en Vigo non se podía lanzar porque a Xunta non nos aproba o PEF", destacou o alcalde.
Tamén incidiu que este trámite xa superou todos os prazos xa que a lei prevé 3 meses "para estudalo, aprobalo e aplicalo". Así, estes prazos expiraron o 1 de xullo, indicou o rexedor, de modo que 3 meses despois o Concello deuno por aprobado "por silencio administrativo". "Témolo que dar por aprobado porque a Xunta, na súa neglixencia permanente, nen sequera foi quen de dar a aprobación", dixo.
Orzamentos 2013
Respecto dos orzamentos para o vindeiro ano, o alcalde, afirmou que se está á espera de coñecer a asignación orzamentaria que o Goberno do Estado fai aos concellos. Tras a recente presentación dos Orzamentos do Estado para o vindeiro ano, o alcalde subliñou que "a día de hoxe non coñecemos esta asignación". Unha vez coñecida a mesma, coñeceremos o conxunto de ingresos e o teito de gasto polo que o rexedor dará "instrucións para o desenvolvemento dos orzamentos". Iso si, avanzou xa que se centrarán en emprego, "a través de programas e de plantexamentos keynessianos de xeración de emprego", en política social e en educación e deporte. Tamén lembrou o rexedor local que Vigo é un dos "poucos concellos que este ano non van recortar pola situación financeira excepcional que temos".