Escoitar

O Concello homenaxeará a figura de FITO DOMINGUEZ, fundador de A RODA

O próximo sábado 13 de Outubro, ás 22 horas no auditorio Mar de Vigo, terá lugar o concerto "NA MEMORIA", homenaxe a FITO, fundador do grupo vigués A RODA recentemente falecido. Abel Caballero destacou a "grande vinculación do grupo e de Fito coa cidade de Vigo e co Celta"

luns, 1 out 2012
1349096821fito.jpg.jpg
O vindeiro 13 de Outubro o Concello de Vigo, e o grupo A RODA, homenaxearán a FITO Domínguez, fundador do mítico grupo vigués nunha gala na que participarán ademais numerosos artistas da escena musical galega coma Mini e Mero, Xurxo Souto, Anxo Pintos ou Susana Seivane entre outros. O concerto comezará as 22 horas, a entrada será gratuíta e a reserva das invitacións realizarase a través do telefono de atención cidadá 010. Na presentación desta homenaxe o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou a grande vinculación do grupo A Roda e do seu fundador "coa cidade, co barrio de Teis no que vivía e co Celta". Ademais o rexedor definiu este concerto como "un dos acontecementos máis importantes que terá lugar na cidade". Pola súa banda Alfredo Dourado, membro de A Roda e fillo do finado artista agradeceu o Concello de Vigo e o seu alcalde "o seu inestimable apoio a unha merecida homenaxe, xa que Fito era un dos vigueses mais coñecidos, pola súa musica ,pola súa personalidade e pola súa inconfundible barba".
1349096821fito.jpg.jpg
1349096876ARODACARTEL.jpg