Escoitar

Ciclo de charlas sobre a representación feminina nas creacións literarias

No marco das actuacións do IV Plan integral de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo, o Centro de Documentación e Recursos Feministas organiza o CICLO DE CHARLAS "A REPRESENTACIÓN FEMININA EN DIFERENTES CREACIÓNS LITERARIAS". O ciclo terá lugar todos os martes do mes de outubro

venres, 28 set 2012
1348829468charlasigualdade.jpg
Programa
.- Martes, 2 de outubro ás 19,00 horas
"Literatura Queer: Ser queer ou non ser queer, esa é a cuestión"
Autora/Relatora: Beatriz Súarez Briones, profesora de crítica literaria na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo

.- Martes, 9 de outubro ás 19,00 horas
"Literatura infantil e xuvenil"
Autora/Relatora: Montserrat Pena Presas, licenciada en filoloxía galega e Pilar Sampedro Martínez, docente, asesora de formación

.- Martes, 16 de outubro ás 19,00 horas
"Novela negra e policíaca"
Autora/Relatora: Rosa Vidal, licenciada en filoloxía hispánica e escritora

.- Martes, 23 de outubro ás 19,00 horas
"Banda deseñada e novela gráfica"
Autora/Relatora: María Vilar, debuxante, entintadora e ilustradora

.- Martes, 30 de outubro ás 19,00 horas
"Literatura fantástica e ciencia ficción"
Autora/Relatora: Lola Robles, licenciada en filoloxía hispánica e escritora

Entrada libre ata completar o aforo. As persoas que desexen recibir diploma acreditativo de asistencia deberán realizar unha inscrición previa no Centro de Documentación e Recursos Feministas ou no tfno. 986 229074 e asistir ao ciclo completo.".
Descargar todas as imaxes