Escoitar

O alcalde ofrece a "cooperación total" do Concello ao Director Territorial de Comercio

Abel Caballero recibiu este xoves ao tamén director do ICEX, Alberto Santamaría, quen transmitiu ao alcalde vigués os proxectos de Comercio para Vigo e a provincia. O primeiro edil considerou "da maior importancia" a presencia do Instituto Español de Comercio Exterior en Vigo para a "internacionalización" das empresas da cidade.

xoves, 27 set 2012
1348750734comercio.JPG
Caballero transmitiu a "cooperación total" do Concello ao director territorial para establecer os contactos empresariais e económicos que precise e recordou a capacidade exportadora desta cidade, a cuarta en España que máis exporta tras Madrid, Barcelona e Valencia, segundo indicou o alcalde. O primeiro edil ve "da maior importancia" a presencia de Santamaría na cidade olívica para profundizar no proceso de "internacionalización" do tecido productivo vigués.
Descargar todas as imaxes