Caballero, satisfeito porque Vigo ocupe "un espazo sensible no municipalismo europeo"
O alcalde de Vigo participou na apertura da XXV Asamblea Xeral de Municipios e Rexións de Europa, xunto a representantes de urbes como Estambul, París, Venecia ou Sttutgart, unha presenza que ve "interesante" para a cidade, pois a cita proporá a Europa o desenvolvemento dun proxecto de xeración de emprego xuvenil a través das corporacións locais.
Abel Caballero destacou que, coa presenza de Vigo no acto celebrado onte mércores en Cádiz, "estamos ocupando un espazo sensible no ámbito do municipalismo europeo", polo que amosou a súa "satisfacción".
Nesta cita, segundo explicou o alcalde vigués, transmitiuse o "interese no desenvolvemento dos proxectos europeos de xeración de emprego a través das corporacións locais", un plan que prevé utilizar a capacidade dos grandes concellos para xerar postos de traballo entre a xente nova. Esta opción será ultimada na Asamblea que ten lugar en Cádiz e será remitida a Europa para a súa consideración e eventual inclusión nos seus orzamentos.
Descargar todas as imaxes