Escoitar

As escolas infantís de Tomás Alonso e Casiano Martínez abren as súas portas con xornadas de portas abertas

A concelleira de Educación avanzou esta mañá a apertura das escolas infantís de Tomás Alonso e Casiano Martínez, con 144 novas prazas con xornadas de portas abertas para que alumnos e pais se familiaricen coas instalacións. Deste xeito, increméntase nun 50% as 300 vacantes que existían ata o de agora na cidade para nenos de 0 a 3 anos.

venres, 28 set 2012
1348832920guarderia.jpg
As escolas infantís de Casiano Martínez e Tomás Alonso abriron esta mañá as súas portas ofrecendo a familiares e alumnos unha xorndada de portas abertas para facilitar a familiarización coas instalacións por medio de visitas, entrevistas ou charlas informativas. Tal e como informou a concelleira de Educación, Raquel Díaz, a apertura destes centros, con 144 novas prazas supón un incremento dun 50% no número de vacantes en escolas municipais o que "demostra o esforzo do Concello por atender aos maís pequenos e ás familias", favorecendo a conciliación familiar, dixo.

Asimesmo, destacou o inicio da reforma do edificio que vai albergar a futura escola infantil Mestes Goldar, que sumará outras 100 prazas á oferta municipal.
Descargar todas as imaxes