Escoitar

Proceso selectivo para a provisión de funcionario interino

A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de 20 de setembro de 2012, aprobou  a Convocatoria e as Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Moda e Confección e Debuxo Artístico na Escola Municipal de Artes e Oficios. 

venres, 28 set 2012
- 1 Funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia en DEBUXO ARTÍSTICO.
- 1 Funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia en MODA E CONFECCIÓN

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Prazo: 10 días a partir do seguinte á data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Vigo ou por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.
Días e Horario de entrega: Laborables de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres, sábados de 9:00 a 13:00 horas

Documentación a entregar:
Instancia solicitando participar no proceso de selección indicando expresamente o posto ao que opte,
Currículum Vitae acreditado,
Proxecto docente,
Orixinal da vida laboral,
fotocopia das acreditacións dos méritos alegados e do DNI (o candidato/a seleccionado/a deberá presentar obrigatoriamente esta documentación compulsada)

Os/as interesados/as poderán consultar as Bases no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de Artes e Oficios, no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e no apartado "Ofertas de emprego" da páxina web www.vigo.org.