Escoitar

O Concello confía na rápida apertura da aula de Vigo tras consensuala co padroado da UNED

A concelleira de Educación, Raquel Díaz, anunciou este venres o acordo acadado onte co centro asociado da UNED en Pontevedra para a apertura dunha aula en Vigo, no Casco Vello. Díaz resaltou o "interese e a disposición" do goberno local, que financia íntegramente o seu custe, e agarda que a apertura sexa "nun prazo breve".

venres, 28 set 2012
1348832299raquel.JPG
A socialista ensalzou o "esforzo" do goberno local para superar as "imposicións" da Deputación de Pontevedra -quen preside o padroado da UNED en Pontevedra- e a "disposición" municipal para pór enriba da mesa fórmulas coas que conseguir o consenso entre as partes.

Este acordo foi adoptado onte, no transcurso dunha reunión solicitada pola propia Díaz, quen agarda que sexa ratificado próximamente, posibilitando así a súa apertura incluso "en dias". "Nun prazo breve abriremos a aula da UNED", concluíu a edil, quen recordou que é o Concello de Vigo o que financia os custos da sede viguesa na súa totalidade.
Descargar todas as imaxes