O martes finaliza o prazo de solicitude de subvención para actividades socioculturais realizadas no 2012
En virtude do estabelecido no artigo 28 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local e disposicións concordantes, a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo convoca a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva destinadas a programas de actividades de ámbito sociocultural; as bases foron aprobadas pola Xunta de Goberno Local de data 31 de agosto e o anuncio da convocatoria no BOP saiu publicado no día de hoxe, 12 de setembro