Abel Caballero anuncia a validación de dous novos convenios con entidades de Vigo para a xeración de emprego
O alcalde explicou hoxe que a Xunta de Goberno local validou os proxectos de convenio de colaboración coa Mancomunidade de Montes e coa Universidade de Vigo por un importe de 575.000 euros que se suman aos aprobados recentemente. As partidas municipais totalizan neste exercicio 7,5 millóns de euros para a xeración de emprego
A Xunta de Goberno Local validou este luns dous novos proxectos de convenios de colaboración coa Universidade de Vigo e coa Mancomunidade de Montes para a xeración de emprego. De feito, tal e como avanzou o alcalde, as contas municipais cifran un total de 7,5 millóns de euros para este fin.
No caso da Mancomunidade de Montes a contía é de 175.000 euros que se destinarán a creación de 25 postos de traballo; estas 25 persoas adicaranse ao mantemento e a conservación dos montes.
O segundo convenio é coa Universidade de Vigo xa que no plan de emprego do Concello vigués existe a vocación, segundo adiantou Caballero, de "dar saída aos xóvenes universitarios de Vigo a través deste plan, de que atopen o seu primeiro emprego". Este segundo convenio ascende a 400.000 euros e significará que 30 persoas "non terán que buscar emprego noutros lugares, senón na Universidade de Vigo, en traballos de investigación".