martes, 24 set 2013
Abel Caballero avanzou a conxelación total das taxas, impostos e prezos públicos de servizos municipais aos que no 2014 non se lles aplicará a suba do IPC, situado nun 1,4 (tomando como referencia de marzo a abril). Isto supón, dixo, a primeira baixada de presión fiscal da historia da cidade que pon en marcha "porque queremos cooperar para axudar na saída da crise".
martes, 6 ago 2013
Abel Caballero reiterou hoxe martes que Vigo é o Concello de réxime común menos endebedado de España. Onte, ademais deuse un novo paso nesa dirección ao aprobar unha amortización anticipada de crédito por valor de 16,7 millóns.
martes, 7 mai 2013
O alcalde de Vigo deu conta hoxe martes da aprobación de 454.000 euros para cooperar co mantemento de distintas asociacións da cidade de "acción social". Entre outras, deu conta da achega dun primeiro pago de 151.000 euros á Fundación MARCO, ou de 30.000 euros para os Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres.
mércores, 17 abr 2013
Abel Caballero avanzou hoxe mércores a autorización de gasto de 219.000 euros para distintas asociacións sociais, deportivas e culturais da cidade. Tamén se realizou o primeiro pago para a aula da UNED de Vigo, que financia integramente o Concello.
martes, 16 abr 2013
Vigo é, con 55,7 millóns, o concello de réxime común menos endebedado de España, tal e como certifica o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. En termos de porcentaxe de orzamento, esta débeda é de 24,9%, mentres que a media nacional se aproxima ao 80%.
mércores, 13 mar 2013
Abel Caballero informou hoxe mércores do recurso de reposición presentado polo Concello contra as liquidacións da Autoridade Portuaria polas taxas de ocupación dos dous pasos inferiores de Beiramar. O Concello entende que o pago non ten obxecto legal pois os vehículos non pagan polo uso dos túneles.
luns, 4 mar 2013
O alcalde informou hoxe luns de que a presión fiscal en Vigo, atendendo aos ingresos municipais, é de 741 euros por persoa, un 24% menos que en A Coruña e un 38% inferior á de Santiago. O Concello pechou 2012 cun 2% de superávit e cunha presión fiscal un punto inferior ao do ano anterior.
martes, 26 feb 2013
Entidades principalmente sociais da cidade recibirán 176.000 euros para sufragar as súas actividades. Entre estas achegas destacan, entre outros, 66.000 euros para o Centro de Emerxencia Social para mulleres vítimas de malos tratos ou 21.500 euros para o Banco de Alimentos, un colectivo que recibe unha subvención municipal de 61.000 euros ao ano.
xoves, 31 xan 2013
Abel Caballero enfatizou hoxe xoves a importancia da luz verde definitiva ás contas municipais para 2013 porque "é o sexto orzamento consecutivo aprobado, "sinal da fortaleza da democracia en Vigo e de que a cidade avanza e progresa". Durante a súa comparecencia, acompañado pola maior parte do Goberno, destacou as partidas de emprego e de política social, de 20 e 17 millóns de euros, respectivamente. <br />
mércores, 30 xan 2013
Os votos de PSOE e BNG deron luz verde definitiva hoxe mércores ás contas municipais para 2013, uns orzamentos que ascenden a 228,8 millóns de euros. Tal e como explicou a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, este documento inclúe 14 millóns de euros en investimento directo e 20 millóns para xeración de emprego.