O goberno local destiña 219.000 euros a entidades sociais, deportivas e culturais
Abel Caballero avanzou hoxe mércores a autorización de gasto de 219.000 euros para distintas asociacións sociais, deportivas e culturais da cidade. Tamén se realizou o primeiro pago para a aula da UNED de Vigo, que financia integramente o Concello.
O goberno local deu luz verde ao pago de 219.000 euros para sufragar actividades de asociacións sociais, deportivas e culturais da cidade. Entre elas, destacan 27.500 euros para a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado, 21.500 ao Banco de Alimentos -unha parte dunha subvención total de 61.000 euros-, 22.500 euros para Érguete, así como 68.000 euros para a Federación de Peñas Recreativas e Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Por último, destacou os 27.000 euros para a aula da UNED de Vigo, o primeiro pago para unha institución académica que o Concello sufraga "sen axuda nin da Deputación, nin da Xunta".
Descargar todas as imaxes
Por último, destacou os 27.000 euros para a aula da UNED de Vigo, o primeiro pago para unha institución académica que o Concello sufraga "sen axuda nin da Deputación, nin da Xunta".