Concerto da Escola municipal de música na Casa das Artes
O concerto que terá lugar o mércores 17 ás 19.30 horas, correrá a cargo das agrupacións corais "Coro Xuvenil" e "Coro de Adultos" da Escola municipal de música de Vigo. Esta actividade quere poñer en valor, novamente, tanto ás iniciativas municipais de formación en música e artes, como ás infraestruturas culturais da cidade.
Esta actividade está encadrada dentro do programa de dinamización das agrupacións da Escola municipal de música de Vigo, que ten coma obxectivo principal dar a coñecer a propia escola e, en particular, as súas agrupacións, a toda a cidadanía, promovendo actividades musicais coa intervención en lugares non convencionais.
A Escola municipal de música de Vigo conta, neste curso, con catro agrupacións corais, dúas das cales (o Coro Xuvenil e o Coro de Adultos) serán as protagonistas deste concerto. Estas agrupacións están formadas por uns 40 membros cada unha e, no concerto, ofrecerán un programa atractivo e variado, cantando separadamente e en conxunto, o que conlevará a posibilidade de ver e escoitar a unha agrupación coral de 80 voces, de idades comprendidas entre os 11 e os 60 anos.
O concerto deste mércores na Casa das Artes, será de entrada libre ata completar o aforo.
Con este tipo de concertos o Concello de Vigo quere sacar fóra das aulas as actividades das súas escolas municipais de música e artes, co obxectivo de que a cidade coñeza e disfrute co bo facer dos seus participantes, complementando tamén o proceso de formación do seu alumnado.
Descargar todas as imaxes