martes, 16 abril 2013

Relatorio "Informe territorial dende a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo"

martes, 16 abr 2013

A Concellería de Igualdade organiza o mércores, 17 de abril,ás 19.00 horas na Casa das Mulleres a presentación do relatorio "Informe territorial dende a perspectiva de xénero sobre a situación social de mulleres e homes de Vigo". Durante esta sesión o equipo investigador presentará as conclusións deste estudo promovido pola Asociación de Mulleres Progresitas en colaboración co Concello de Vigo.

Concerto da Escola municipal de música na Casa das Artes

martes, 16 abr 2013

O concerto que terá lugar o mércores 17 ás 19.30 horas, correrá a cargo das agrupacións corais "Coro Xuvenil" e "Coro de Adultos" da Escola municipal de música de Vigo. Esta actividade quere poñer en valor, novamente, tanto ás iniciativas municipais de formación en música e artes, como ás infraestruturas culturais da cidade.