venres, 19 ago 2016
O alcalde recibiu este venres á xunta directiva da asociación de motoristas, formada por axentes da Garda Civil e das policías Local, Autonómica e Nacional. Motópolis desprázase cada dous anos á cidade para celebrar a súa reunión bianual e Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" pola elección de Vigo como "lugar de referencia".
mércores, 17 ago 2016
Caballero anunciou que levará a un Pleno monográfico da Zona Franca unha proposta para recuperar totalmente a Panificadora, "unha peza emblemática na cidade", con espazos para uso social, cultural e empresarial, considerando que "é posible e que este é o momento" para abordar o proxecto a través da cooperación entre o Concello e Zona Franca.
xoves, 11 ago 2016
A nai de Vigo, que ten catro meses, é unha viguesa que vive en Hamburgo, onde naceu o pequeno, e que decidiu homenaxear á súa cidade poñéndolle o mesmo nome ao seu fillo, para quen tamén barallaba a posibilidade de poñerlle Cíes, no caso de que fose nena. Abel Caballero amosouse "satisfeito" por poder recibilos e apuntou que hai outro neno chamado Vigo, nacido no concello no ano 2005.
venres, 5 ago 2016
O alcalde salientou o investimento do ente provincial na cidade como o "resultado dun cambio histórico" ao dar conta da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da solicitude de ampliación dos novos graos da UNED na cidade e da contratación das obras de acondicionamento dos espazos do Auditorio Mar de Vigo para este fin. Amais recibiu o visto bo a contratación de obras de humanización por valor de case catro millóns de euros.
venres, 5 ago 2016
O alcalde de Vigo eloxiou este venres a Pedro Campos e ao seu equipo xa que o barco, que compite na 35ª Copa do Rei Mapfre e vai líder absoluto da división BMW ORC 2, loce o logotipo da candidatura do arquipélago vigués a Patrimonio da Humanidade. Este patrocinio ten custo cero para o Concello, o que Abel Caballero agradeceu no nome da cidade.
xoves, 4 ago 2016
Abel Caballero mantivo un encontro este xoves con parte da nova xunta directiva de Avogados Novos de Vigo, entre eles a súa presidenta Victoria Picatoste, a quen lle trasladou "todo o apoio" do goberno municipal no seu labor e, especialmente, na candidatura que preparan para traer á cidade o XX Congreso da Avogacía Nova de España, se celebrará no ano 2018.
xoves, 4 ago 2016
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias esíxelle ao Ministerio de Facenda unha moratoria na aplicación da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL).
mércores, 3 ago 2016
Abel Caballero recibiu este mércores á nova Xunta Directiva de Telefónica en Galicia, logo de que Marta Menéndez asumira a dirección da empresa na nosa comunidade. O rexedor declarou, ao remate do encontro, que o Concello mantén unha "boa relación" con Telefónica no referente á súa actividade en Vigo e no seu labor de ofrecer cobertura tanto de banda ancha como de rede móbil na cidade. Así, adiantou que a cooperación institucional marcará a relación entre goberno local e a dirección da empresa como viña acontecendo ata o de agora. <br />
martes, 2 ago 2016
Abel Caballero reuniuse este martes co seu homólogo de Valladolid, Óscar Puente, para abordar os puntos de encontro que existen entre ámbalas cidades como é a industria automobilística ou a aposta pola mobilidade sostible. Como mostra das relacións fluídas que manteñen as dúas institucións, os rexedores acordaron manter a colaboración conxunta e intercambiar experiencias e coñecemento. O rexedor vigués eloxiou o labor de Óscar Puente á fronte da alcaldía valisoletana.
xoves, 28 xul 2016
A Xunta de Goberno da FEMP, presidida por Abel Caballero, acordou pedir ao Goberno de España a acollida urxente de refuxiados en situación de extrema vulnerabilidade, e pon a disposición todos os medios con que conta a Federación nesta materia, como son a Rede de Municipios de Acollida de Refuxiados e a oficina de Coordinación Municipal de Axuda ao Refuxiado.