luns, 7 nov 2016
Abel Caballero destacou os investimentos da Deputación de Pontevedra en Vigo desde que Carmela Silva está ao frente do organismo. Logo de asinar dous convenios de cooperación -para sendeiros azúis e para campos de fútbol-, o rexedor cualificou ao goberno provincial como "aliado extraordinario e permanente do progreso de Vigo".
luns, 7 nov 2016
Abel Caballero participou esta mañá xunto a Carmela Silva na inauguración da exposición Mulleres en acción: violencia zero que estará aberta na Casa das Artes ata o próximo 25 de novembro. Trátase, dixo, unha iniciativa "excepcional" que permite "visibilizar e chamár ás conciencias" sobre un problema social que nos afecta a todos e a todas.
mércores, 2 nov 2016
Unha cincuentena de nenos e nenas de quinto de Educación Primaria do CPR Montesol, acompañados do seu profesorado, achegáronse este mércores ao labor que se desenvolve nas instalacións municipais cunha visita guiada dentro do programa "Coñece o teu Concello", co que tiveron a oportunidade de sentarse no Salón de Plenos, observar o traballo da sala de pantallas de tráfico e preguntarlle ao alcalde sobre o goberno da cidade.
xoves, 20 out 2016
O alcalde de Vigo elevou esta mañá a súa voz en defensa do "dereito inalienable" de que a muller ocupe o espazo que lle corresponde en calquera ámbito. Así o dixo durante a inauguración do I Salón de Empresarias de Galicia que se organizou hoxe no Auditorio Mar de Vigo e que tamén contou coa presenza da presidenta da Deputación.
mércores, 19 out 2016
Abel Caballero saudou no Salón de Plenos a un grupo de estudantes de quinto curso de Educación Primaria que, acompañados por profesores, visitaron este mércores as dependencias municipais da Praza do Rei dentro do programa "Coñece o teu Concello", co que o goberno local quere achegar a institución a toda a cidadanía. Así os máis pequenos tiveron a oportunidade de facerlle preguntas ao alcalde sobre a súa responsabilidade á fronte da cidade.
mércores, 19 out 2016
As paredes da Alcaldía lucirán nas próximas semanas as obras do artista vigués Santomé, cunha exposición que leva o nome do pintor. Caballero, durante a inauguración, eloxiou a calidade da obra e reiterou que o obxectivo de Mostrarte é colaborar a divulgar a expresión artística na nosa cidade.
mércores, 19 out 2016
A flota de autobuses de Vigo locen un lazo rosa nos seus frontais para crear conciencia sobre esta doenza, no día que se celebra o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Tal e como sinalou o alcalde, é preciso centrar a atención en cuestións tan importantes como a detección precoz.
luns, 17 out 2016
Coa previsión dun presuposto "expansivo" que chegará ao máximo de gasto que permite a lei e que se centrará na política social, no emprego e no deporte, Caballero adiantou que nos próximos días quedará aprobado o documento, algo que o fai "feliz porque vexo que a cidade marcha". <br />
venres, 14 out 2016
O rexedor mantivo un encontro este venres con representantes do grupo Euskaltel, tras a unión empresarial coa galega R, amosándolle o desexo de cooperación dunha cidade que "quere estar no futuro" e ofrecéndolle apoio para que desenvolvan as súas redes en Vigo, con especial atención ás conexións no ámbito rural. Dende Euskaltel manifestáronlle a Caballero a súa vontade de manter "moita presenza" na cidade con calidade nos servizos.
martes, 11 out 2016
Como sinal de apoio aos dereitos das nenas en todo o mundo e tomando "parte activa" neste labor de defensa dos mesmos, o Concello súmase á celebración do Día Internacional da Nena tinguindo de rosa as Fontes da Rúa Aragón a partir das 20:30 horas seguindo a convocatoria da ONG Plan Internacional que traballa polos dereitos da Infancia.