O alcalde valora a marcha "excepcional" da cidade no 2016 e a súa "estabilidade política"

luns, 26 dec 2016

Caballero fixo balance este luns do ano que conclúe, salientando a política social e de emprego aplicada, a débeda cero municipal, as humanizacións por 27 millóns de euros, o crecemento do aeroporto de Vigo e a constitución da Área Metropolitana. O rexedor enfatizou a "estabilidade política" coa que conta Vigo, que permite que a marcha da cidade sea "excepcional" comparada co resto de cidades.

O rexedor salienta o papel do persoal municipal na vida da cidade

xoves, 22 dec 2016

Abel Caballero, acompañado da Corporación, presidiu este mércores na Lonxa do Concello o saúdo aos funcionarios municipais a quen se referiu como o "corazón físico da cidade" e de quen destacou o seu papel fundamental para o bo funcionamento da urbe. Ademais, manifestoulles o seu desexo de prosperidade para o vindeiro ano 2017 que fixo extensivo a toda a cidadanía viguesa.

Caballero congratúlase polo acordo que impedirá ás eléctricas cortar o subministro en situación de pobreza

xoves, 22 dec 2016

O alcalde cualificou de "extraordinariamente importante" o acordo asinado por PSOE e PP para retirar ás eléctricas a potestade de cortar a luz sen un informe preceptivo dos concellos que descarte razón de pobreza. Deste xeito, felicitouse porque a proposta que el mesmo defendeu desde a FEMP vaise plasmar nunha reforma lexislativa que impedirá uns cortes eléctricos que, na práctica, teñen os mesmos efectos que un desafiuzamento.

O rexedor salienta o papel de Paco Vázquez na política municipal española e europea

mércores, 21 dec 2016

Abel Caballero asistiu este mércores no Concello da Coruña á descuberta do retrato oficial do ex alcalde Francisco Vázquez a quen considera "un modelo na forma de entender as alcaldías e as administracións locais e, seguramente, o mellor alcalde da democracia en España". Para o rexedor de Vigo, Vázquez "marcou a forma de entender o municipalismo", polo que dixo sentirse "satisfeito" de acudir a esta "homenaxe debida" a un referente na política municipal "de España e de Europa". <br />

Caballero aborda con Xulio Ferreiro o desenvolvemento das áreas metropolitanas

mércores, 21 dec 2016

O alcalde e o seu homólogo coruñés mantiveron este mércores en María Pita unha entrevista de cortesía na que trataron sobre as áreas metropolitanas e o proceso desenvolvido por Vigo para constituír a súa. Ademais falaron do "momento de revolución municipalista" que impulsa Caballero dende a FEMP, con avances en política social como a prohibición dos cortes de enerxía ás familias por razóns de pobreza, o problema do teito de gasto "en vías de se resolver" ou a posibilidade de que os municipios empreguen o superávit que "levaremos adiante", segundo expuxo o rexedor olívico. <br />