Escoitar

Volve a Brincadeira o 7 e 8 de maio

O alcalde presentou no Palco da Alameda de Bouzas a XVII Festa da Brincadeira que terá lugar o segundo fin de semana de maio con máis de 120 postos de artesanía e comida.

martes, 26 abr 2022
O alcalde na presentación da Festa da Brincadeira en Bouzas
O alcalde na presentación da Festa da Brincadeira en Bouzas

Abel Caballero celebrou que, logo da pandemia, volva a celebrarse a Festa da Brincadeira de Bouzas, que chega a súa XVII edición. O alcalde presentou a Brincadeira do 2022 xunto á Asociación Amigos da Historia de Bouzas. A festa terá lugar o 7 e 8 de maio e conta a día de hoxe con 120 postos de comida e artesanía.

Para o rexedor, a Brincadeira “é unha das grandes celebracións de Vigo, con raíces históricas cando houbo que expulsar aos exércitos de Napoléon” e felicitou á Asociación pola organización: “Invitamos a vir a toda a cidade, a área metropolitana, a provincia, ao norte de Portugal... que gocen da romaría urbana”, dixo Caballero.

O mercado abrirá ás 11 da mañá. Haberá obradoiros de cerámica o música durante as dúas xornadas, cos grupos de folk, Airiños de Pontecaldelas e Son do Verdugo. Haberá concerto do grupo A Roda o domingo ás 20 horas. A representación será na zona da pérgola o sábado ás 16 horas ao cago da Asociación Cultural Catro Ventos. O domingo será ás 13 horas a cargo da compañía Porta Aberta”

O alcalde na presentación da Festa da Brincadeira en Bouzas
Descargar todas as imaxes