Escoitar

O Grupo Socialista solicita ao Goberno de España a sede central do IEO e a moi alta tensión para o Grupo Stellantis

Ambas mocións tamén rexeitan o papel da Xunta de Galicia nestes asuntos.

mércores, 27 abr 2022
Abel Caballero no Pleno da Corporación Municipal
Abel Caballero no Pleno da Corporación Municipal

Cos votos favorables dos socialistas, o Pleno solicita ao Goberno de España a sede de coordinación xeral para o Instituto Español de Oceanografía de Vigo e a rede de moi alta tensión para o Grupo Stellantis. A edil Elena Espinosa defendeu a institución pública, que Vigo recoñeceu a súa labor co nomeamento de Vigués Distinguido no ano 2007 e a Medalla da Cidade no 2017. Pola súa banda, Abel Losada pediu modificar a planificación vixente 2021-2026 da Rede Eléctrica de España e conectar a área urbana de Vigo á rede de transporte de enerxía eléctrica de 220 kilovoltios.

O edil socialista lembrou que desde que goberna Abel Caballero na cidade o goberno local ten solicitada a moi alta tensión “goberne o PP ou o PSOE”: “O alcalde reivindicou esta conexión enerxética cando gobernaba Mariano Rajoy e facémolo agora”.

Losada apuntou que “é imprescindible porque Vigo é un polo económico industrial e de servizos de primeira magnitude que sitúa a provincia de Pontevedra como a cuarta provincia exportadora de España”.

Os socialistas tamén acordaron na moción reprobar ao goberno da Xunta “pola súa falla de iniciativa política diante do goberno de España durante cinco anos, desde 2013, cando PSA solicitou a súa conexión a moi alta tensión”, concluíron.

Espinosa defendeu que “a cidade de Vigo é un referente mundial en investigación mariña, acollendo proxectos científico-tecnolóxico relevantes que teñen ademais repercusións económicas de primeiro nivel. Vigo xa é hoxe a cidade europea con maior concentración de institucións e unidades de investigación públicas e privadas do sector, hasta sumar un total de cerca de 1000 investigadores.”

Tamén fixo fincapé na importancia da oceanografía “coa propia Universidade de Vigo, coas facultades de Ciencias do Mar, Bioloxía, e Química e a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, o Instituto de Investigacións Mariñas, que forma parte do CSIC, ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, acreditado como centro tecnolóxico), o Instituto Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, así como a Axencia Europea de Control da Pesca. Este conxunto de institucións académicas, de investigación e innovación conforman un ecosistema de investigación e innovación único en España e en Europa.”

Ademais da solicitude da sede de coordinación, o acordo rexeita “o papel da Xunta de Galicia por non ter activado a candidatura de Vigo e ter mantido un intolerable e cómplice silencio desde que se produciu o anuncio de descentralización do IEO”

Descargar todas as imaxes