Escoitar

Abel Caballero asistirá á manifestación en defensa da sanidade pública o 12 de maio

Anunciou en rolda de prensa que comparte as reivindicacións da Plataforma SOS Sanidade Pública y animou á cidadanía a participar na manifestación.

xoves, 28 abr 2022
Arquivo: O alcalde na manifestación en defensa da sanidade pública no ano 2019
Arquivo: O alcalde na manifestación en defensa da sanidade pública no ano 2019

O alcalde amosou o seu apoio á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública para o xoves 12 de maio e anunciou en rolda de prensa que estará alí presente: “Estarei na manifestación, avalo e comparto as reivindicacións para defender unha sanidade pública na cidade de Vigo”.

Baixo o lema “Salvamos a Atención Primaria. Recuperemos a Sanidade Pública” marchará a concentración, á que o alcalde convocou a toda a cidadanía: “Pídolle a toda a cidade que saír ás rúas para defender a sanidade pública e exixir á Xunta que adique recursos á sanidade de Vigo.”

Caballero sinalou que “hai un importante deterioro na Atención Primaria, que somete ao persoal sanitario a unha presión insostible” e requiriu “recuperar unha sanidade de nivel en Vigo”.

Descargar todas as imaxes