O alcalde e o responsable de Ryanair destacan o bo nivel de operatividade da compañía en Vigo

xoves, 9 feb 2017

Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro con Jose Espartero, responsable de marketing de Ryanair para España e Portugal, no que destacaron o magnífico nivel de operatividade da compañía, así como a alta ocupación dos voos. Tamén deron conta do inicio, a finais do mes que vén, das novas conexións con Edimburgo e Milán ao tempo que se retoman as de Dublín e Boloña. O rexedor aproveitou para reiterarlle o seu interese porque a compañía opere a conexión con Madrid desde Vigo.

Caballero di que "é o momento de consolidar o proxecto de vertebración social que se está a desenvolver en Vigo"

xoves, 26 xan 2017

Abel Caballero asegurou esta mañá que estamos no momento de consolidar o proxecto político que se está a desenvolver en Vigo,", un proxecto colectivo, de vertebración social, que estamos a trasladar tamén ao resto de España. Así o dixo durante a súa participación nun almorzo no Círculo de Empresarios de Galicia no que estivo acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e pola ex ministra de Pesca, Elena Espinosa, ademais dunha nutrida representación empresarial e social da área de Vigo.