Escoitar

Abel Caballero, sobre a manifestación: “A sanidade pública en Vigo ten que mellorar”

O alcalde sumarase este xoves á mobilización convocada en defensa da sanidade pública que parte desde o PAC de Pizarro ás 20 horas, co lema “Salvemos a Atención Primaria. Recuperemos a sanidade pública”. Caballero apoia a concentración e reclamar melloras na Primaria e no Álvaro Cunqueiro, “máis persoal sanitario e de asistencia”.

xoves, 12 mai 2022

Vigo acolle na tarde deste xoves unha manifestación convocada polos colectivos en defensa da sanidade pública, coa que se reivindica ante a Xunta de Galicia unha mellor Primaria, con profesionais suficientes, unha atención hospitalaria con capacidade, contratacións dignas de persoal e melloras nas listas de agarda.

En declaracións efectuadas na mañá deste xoves, o alcalde respaldou a mobilización: “Eu estarei aí, apoiando a manifestación e apoiando que a sanidade pública en Vigo ten que mellorar”. En particular, Caballero citou a situación da atención primaria e tamén do Álvaro Cunqueiro, cun estacionamento de vehículos de pago, e tamén demandou “máis persoal sanitario e de asistencia”.

Descargar todas as imaxes