Os arenais de Vigo contarán este ano con 11 bandeiras azuis ao sumar a de Santa Baia
O alcalde anunciou en rolda de prensa que a cidade recibiu da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) os 11 distintivos solicitados, un máis que o ano pasado ao sumarse o areal de Santa Baia en Alcabre.
Abel Caballero celebrou a distinción de 11 areais de Vigo con bandeira azul: “Obtivemos as once que solicitamos. Somos a cidade de España con máis bandeiras azuis. A miña satisfacción é total”.
Deste xeito, súmase Santa Baia, en Alcabre, ás xa recoñecidas en anos anteriores: A Punta, Carril, Tombo do Gato, Argazada, Samil, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón e Rodas.
O alcalde manifestou que o recoñecemento significa “calidade da auga excepcional, atención marabillosa, servizo de socorrismo en bo funcionamento, xestión ambiental, seguridade nos servizos...”.
Caballero di que as praias “está preparadas para o uso das xentes de Vigo e tamén para que veña o turismo, que é bo para a economía e así poden gozar do verán con nós”.