Escoitar

Caballero anima á cidadanía a sumarse á manifestación en defensa da sanidade pública

O alcalde apoiará, coa sua presenza na manifestación, ás Plataformas en defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo que convocan á cidadanía o xoves 12 de maio ás 20 horas no PAC de Vigo na rúa Pizarro baixo o lema “Salvemos a Atención Primaria. Recuperemos a Sanidade Pública”.

mércores, 11 mai 2022
Arquivo: o alcalde nunha das manifestacións en defensa da sanidade pública en Vigo
Arquivo: o alcalde nunha das manifestacións en defensa da sanidade pública en Vigo

Abel Caballero anima á cidadanía a acudir á manifestación convocada polas Plataformas en defensa da Sanidade Pública da Área Sanitaria de Vigo. Os organizadores acordaron a saída desde o PAC de Pizarro o xoves 12 de maio ás 20 horas.

O alcalde confirmou en rolda de prensa que estará na manifestación “porque hai que defender a sanidade pública de Vigo”: “É deficiente a pesar do esforzo e a calidade profesional dos sanitarios e sanitarias de Vigo. Temos que defender unha Atención Primaria digna e unha atención hospitalaria sen insoportables listas de agarda.”, afirmou.

Caballero subliñou “o modelo equivocado do Hospital Álvaro Cunqueiro que non é bo e por iso a Xunta non fai ningún máis deste xeito”. O rexedor explicou que “é un sistema de privatización co que goberno da Xunta está a pagar a un fondo de inversión francés”. En canto a Atención Primaria lamentou a falla de inversión en Vigo: “Tiñan que ter feito 5 novos centros de saúde en Vigo, pero en lugar diso pecharon un e abriron medio en Bouzas, con só médico nunha zona con 5.000 habitantes.”

“Dirémoslle á Xunta que a sanidade na cidade está francamente mal”, concluíu.

Descargar todas as imaxes