Escoitar

O goberno local acondicionou a pista polideportiva e acometeu melloras no Illas Cíes por 50.000 euros

Acompañado polo edil de Educación, Abel Caballero visitou este xoves o centro de Infantil e Primaria, onde o goberno de Vigo xa realizara obras no comedor escolar. Con estes 50.615 euros, o Concello afrontou “obras singularmente importantes”, como a reparación do patio, o acondicionamento da pista polideportiva, a adecuación da fachada e a renovación dos xogos infantís da zona exterior.

xoves, 12 mai 2022
Abel Caballero, no centro da imaxe, durante a visita.
Abel Caballero, no centro da imaxe, durante a visita.

O alcalde, Abel Caballero, xunto ao concelleiro de Educación, Gorka Gómez, mantiveron unha reunión cos responsables do centro e tamén co alumnado. Caballero agradeceu o traballo do colexio na súa función formativa.

En declaracións posteriores, o alcalde subliñou o acondicionamento da pista polideportiva do centro como a actuación “máis singular” realizada con estes 50.000 euros, mellora que o Concello está a facer en máis colexios.

A este respecto, Abel Caballero denunciou que “todas estas obras son obriga da Xunta de Galicia” e concluíu que “seguimos presenciando a desatención da Xunta de Galicia na cidade de Vigo”. O primeiro edil vigués cifrou en 25 millóns de euros os dedicados nos últimos tres anos á atención aos colexios, “e unha parte importantisima destes 25 millóns é obriga da Xunta de Galicia”.

Descargar todas as imaxes