Escoitar

Vigo ilumínase de azul e amarelo en apoio a Ucraína

As fontes de Aragón tinguíronse coas cores da bandeira ucraína a pasada noite e o alcalde anuncia que nos próximos días se iluminarán outros monumentos da cidade.

luns, 28 feb 2022
As fontes de Aragón iluminadas en solidariedade con Ucraína
As fontes de Aragón iluminadas en solidariedade con Ucraína

Con este xesto simbólico, o Concello quere amosar “a nosa solidariedade, apoio e mobilización en favor de Ucraína e esixindo a Rusia que retire inmediatamente as tropas rusas de Ucraína e que acabe a guerra porque están invadindo un país independente dunha forma intolerable. Tódalas guerras son malas pero isto é intolerable”, expresou o rexedor.

As fontes de Aragón ilumináronse este domingo de azul e amarelo, as cores da bandeira de Ucraína, e este luns a bandeira do país ondeará simbolicamente na pantalla da fonte de Rosalía de Castro con Serafín Avendaño e, a partir deste martes, ondeará tamén na pantalla das ramplas mecánicas da Gran Vía.

“Continuaremos tinguindo Vigo coa bandeira porque queremos que o noso apoio sexa visible”, sinalou Caballero ao avanzar que nos vindeiros días serán iluminados outros monumentos da cidade.

Ademais, este luns pola noite, as fontes de Aragón lucirán de cor verde polo Día mundial das enfermidades raras, que se conmemora nesta xornada, tras solicitalo a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas ( Fegerec), a quen o Concello deu o seu apoio.

Descargar todas as imaxes