mércores, 2 mar 2022
                    A Xunta de Goberno Local deste xoves aprobará inicialmente unha modificación de crédito da Xerencia de Urbanismo por valor de 2.885.000 euros, dos que 1,5 millóns se adicarán á expropiacións da Praza da Igrexa e do entorno da Panificadora, e outro millón, a estender a senda fluvial ata Manuel Álvarez.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 2 mar 2022
                    O alcalde anunciou este mércores unha nova cita do calendario de concertos de verán no auditorio ao aire libre de Castrelos. Hombres G súmanse a Sting, que toca o 6 de agosto, e a Leiva que subirá ao escenario o 4 de agosto.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 2 mar 2022
                    Abel Caballero e Ángeles Arias presentaron este mércores as actividades organizadas polo Día Internacional das Mulleres, que comezan este sábado con cine e finalizan o 22 de marzo cun concerto. O día central, o 8 de marzo, manifestación desde as 19:30h con saída en Praza de España.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    mércores, 2 mar 2022
                    Tan pronto a Comisión Europea e o Goberno de España tomen as súas decisións sobre a acollida, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) actuará desde os concellos para ofrecer “acollida, solidariedade, atención e afecto ao pobo ucraíno”, dixo Abel Caballero este mércores, quen subliñou que a Federación está en contacto permanente cos ministerios de Exteriores e de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.