martes, 8 feb 2022
Abel Caballero recibiu este martes a Juan Carlos Unzué, ex adestrador do Celta de Vigo e ex xogador de fútbol, que padece esclerose lateral amiotrófica e está “dedicando a súa vida a dar visibilidade á ELA” para que os enfermos e a familia “teñan máis atención e máis capacidade de facer fronte á enfermidade”. Avanzou o rexedor que “en Vigo sumámonos ás accións e recomendacións da asociación para facilitar a vida” tanto aos pacientes como ás súas familias.
luns, 7 feb 2022
O rexedor mantivo este luns unha reunión cunha representación da entidade, de ámbito autonómico, que aglutina a máis de 2.000 mulleres do mundo do mar.
venres, 4 feb 2022
Abel Caballero remitiu este venres unha carta a Alberto Núñez Feijóo reiterándolle que nas súas declaracións do 21 de xaneiro sobre a autovía en túnel entre Vigo e Porriño afirmou que “non se debía construír”.
xoves, 3 feb 2022
Abel Caballero acudiu á festa de San Blas en Bembrive. O rexedor espera que o ano que vén a festa poida volver "á normalidade" e salientou a importancia desta festa para a entidade local menor.
xoves, 3 feb 2022
O Concello solicitou hai tres meses a Patrimonio autorización para o traslado do o hórreo situado en Samil co fin de avanzar nas obras de recuperación do sistema dunar da praia que, na primeira fase, abranguen ata a zona do Camaleón.
xoves, 3 feb 2022
O alcalde avanzou este xoves a apertura das nove salas de ensaio a finais do mes de febreiro, logo de ter que permanecer pechadas para “preservar a saúde das persoas usuarias” ante a pandemia Covid.
xoves, 3 feb 2022
O alcalde anunciou que propoñerá ao Pleno outorgar ao fundador e presidente do grupo editorial Prensa Ibérica, no que se integra Faro de Vigo, esta distinción especial “polo apoio continuo do xornal á cidade”.
mércores, 2 feb 2022
Abel Caballero participou este martes na homenaxe ás persoas maiores da parroquia que, como cada ano, organiza a Asociación Festas e Cultura As Candelas e San Blas. Antonio e Herminia, falecida hai uns días, recibiron o cariño das familias e o público congregado na contorna da Igrexa de Santa María de Castrelos, onde o alcalde recoñeceu a súa dedicación á parroquia e á veciñanza.
martes, 1 feb 2022
O alcalde deu conta este martes da relación definitiva de solicitudes admitidas á convocatoria do Ministerio de Transportes para os Fondos Europeos, que inclúen 14 actuacións en dous bloques.
martes, 1 feb 2022
Abel Caballero participou na inauguración da da nova Oficina de Tramitación Electrónica sita na Zona Franca de Vigo.