Escoitar

O Concello opta a un total de 22 millóns de euros de axudas dos fondos europeos

O alcalde deu conta este martes da relación definitiva de solicitudes admitidas á convocatoria do Ministerio de Transportes para os Fondos Europeos, que inclúen 14 actuacións en dous bloques.

martes, 1 feb 2022
O rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa
O rexedor durante a súa comparecencia en rolda de prensa

Os proxectos publicados hoxe no BOE continúan o procedemento de revisión, avaliación e concesión das axudas ministeriais ao cumpriren os criterios esixidos.

O Concello presentou á convocatoria un primeiro bloque de catro actuacións por valor de 13,3 millóns de euros: as ramplas da Gran Vía, o Proxecto Halo, a rexeneración do paseo de Bouzas e a fase II da Vía Verde. No segundo bloque de proxectos presentados inclúese a humanización García Barbón, entre Rosalía de Castro e Isaac Peral, o ascensor da Praza da Estación con Urzáiz, as escaleiras mecánicas rúa Talude, a accesibilidade ao Centro de Saúde Teis, o ascensor de Travesía de Vigo coa rúa Aragón, a accesibilidade entre Romil e Hispanidade, as ramplas mecánicas de Escultor Gregorio Fernández, a humanización da rúa Romil Fase I, o acceso mecánico do Colexio Losada a Ramón Nieto, o acceso mecánico de Ramón Nieto ao Colexio Fonte Escura e o Centro de Saúde de Lavadores, cun importe total de 8,8 millóns de euros.

Abel Caballero explicou que o criterio de concesión das axudas comeza coa “totalización da parte que a Vigo lle corresponde por poboación”, cifrada en 13,3 millóns de euros, e, posteriormente, no caso de que outras cidades non presenten proxectos, cabería o segundo bloque de proxectos vigueses para o reparto dos fondos.

 

Descargar todas as imaxes