mércores, 2 febreiro 2022

O alcalde pide o pronunciamento dos empresarios sobre a “oposición” de Feijóo á autovía Vigo-Porriño en túnel

“Non os escoito e quero escoitalos”, dixo este mércores Abel Caballero: “Quero saber que opinan de que o presidente da Xunta non queira que se constrúa unha autovía Vigo-Porriño en túnel pagada polo Goberno de España”. O rexedor anunciou o envío de escritos á federación de transportistas, á CEP, á Cámara de Comercio e ao Círculo de Empresarios.

O alcalde súmase á celebración das Candelas en Castrelos

mércores, 2 feb 2022

Abel Caballero participou este martes na homenaxe ás persoas maiores da parroquia que, como cada ano, organiza a Asociación Festas e Cultura As Candelas e San Blas. Antonio e Herminia, falecida hai uns días, recibiron o cariño das familias e o público congregado na contorna da Igrexa de Santa María de Castrelos, onde o alcalde recoñeceu a súa dedicación á parroquia e á veciñanza.