Escoitar

XII Certame Internacional de Regueifas, oralidade, desafío, improvisación e enxeño

O museo Verbum e o Auditorio do Pedregal (Estrada Xeral de Valadares, 261)serán os escenarios do XII Certame Internacional de Improvisación Oral e Regueifas que terá lugar os vindeiros días 10, 11 e 12 de outubro.Este certame, para todos os públicos e con entrada gratuíta, englóbase dentro dunha das catro liñas de traballo que segue o museo Verbum desde hai xa ano e medio, "a palabra como fonte de transmisión da nosa historia e cultura, é dicir, a nosa tradición oral".

venres, 9 out 2009
1255004317reg.jpg
O Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares organiza un ano máis o seu "CERTAME INTERNACIONAL DE REGUEIFAS: oralidade, desafío, improvisación e enxeño" a cargo dos máis grandes repentistas cubanos, poetas de novo cuño, representantes da nova payada arxentina, troveiros, regueifeiros, literatos, músicos, figuras do rap... para todos os amantes da palabra versificada e da retranca.

SÁBADO DÍA 10 – 12.00 HORAS "OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN EN VERSO"
"O PUNTO CUBANO E A REGUEIFA" con Raúl Herrera (repentista cubano) e Bieito
Lobariñas e Luis "O Caruncho" (regueifeiros galegos).

SÁBADO DÍA 10 – 19.00 HORAS "RETRANCA LITERARIA E MUSICAL"
19. 00 "O Leo"
19. 15 Samuel Soalleiro
19.30 Emilio Alonso
19. 45 Arremecaghona's
producións
20. 00 Manuel Celso Matalobos
20.15 Samuel León París
20. 30 Carlos G. Meixide
20.45 Os da Ría

DOMINGO DÍA 11 – 12.00 HORAS "OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN EN VERSO"
"A PAYADA E A REGUEIFA" con Wilson Salywonzyk (payador arxentino) e Pinto D'Herbón.

DOMINGO DÍA 11 – 19.30 HORAS "XII MOSTRA INTERNACIONAL DE REGUEIFAS"
(apertura e presentación do evento por Pinto D'Herbón).
19.40 Regueifeiros do País: Luis "O Caruncho" e Bieito Lobariñas.
20.00 Troveiros Alpujarreños (Almería) con José A. Barranco "Barranquito" e José López Sevilla.
20.30 Espectáculo de repentismo cubano e Payada arxentina con Raúl Herrera e Wilson Saliwonzyk.
21.00 Despedida colectiva.

LUNS DÍA 12 – 12.00 HORAS "OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN EN VERSO"
"OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE IMPROVISACIÓN TEATRAL APLICADAS Á REGUEIFA" impartido por Fran Peleteiro.

LUNS DÍA 12 – 19.00 HORAS "ENCONTROS DE NOVOS REGUEIFEIR@S ERAPEIR@S" (apertura e presentación do evento por Fran Peleteiro).
19.10 Espectáculo de improvisación coa participación de Novos Fistores galegos procedentes de Escolas e Tabernas do País.
20.00 Exhibición de rap en estilo libre cos MC's integrantes do colectivo 504: Dida de Santiago, Badly de Cambados, Kotto de Santiago. Dj: Mon de Moscoso.
20.45 Despedida e peche.
Descargar todas as imaxes

Máis información