xoves, 2 xuñ 2005
O Concello valora de maneira "moi positiva" os contactos que está a manter cos veciños de cara á mellora do Plan Xeral de Ordenación Municipal, así como o estudo das alegacións presentadas. Estas alegacións estarán proximamente a disposición do PsdeG-PSOE "para que faga o que considere conveniente".
xoves, 26 mai 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle ao Pleno da Corporación a cesión á Consellería de Sanidade dos terreos precisos para a construcción do cuarto hospital de Vigo, previsto no novo PXOM.
luns, 23 mai 2005
A Xunta de Galicia construirá máis vivendas sociais en San Paio de Navia e nas Roteas, para máis de 1.700 vigueses, cun investimento de preto de 29 millóns de euros
xoves, 19 mai 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo resolveu convalidar os gastos da información pública do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), por un importe total de 231.531,67 euros.
xoves, 12 mai 2005
O xerente de Urbanismo respondeu ao BNG acerca da solicitude de instalación dunha estación náutica en Bouzas explicando que o Plan carece de ordenanza para esta zona. O solicitante debería ademais obter as licencias municipais de actividades e de obra sen que esto supuxese unha autorización para a edificación nin para o uso do solo.
xoves, 5 mai 2005
Entre outras medidas, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou proporlle á Xunta de Goberno Local a aprobación da recepción das obras para urbanizar a prolongación da rúa Enrique Lorenzo, en Teis.