O Pleno de aprobación inicial do Plan Xeral celebrarase do 15 ao 19 deste mes
A Xunta de Voceiros decidirá, o luns día 15, o día e hora do Pleno extraordinario no que se debaterá a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). O portavoz do Goberno local, José Manuel Figueroa, anunciou hoxe xoves que o Pleno se celebrará na semana que vai do luns 15 ao venres 19 de maio.
Figueroa adiantou, durante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, que o próximo luns día 8 terá lugar unha reunión da Comisión de Seguimento, na que os grupos políticos recibirán "toda a documentación e informes técnicos".
A partir do martes 9, ás 9:00, poderanse consultar, na páxina web do Concello (www.hoxe.vigo.org), as contestacións ás alegacións presentadas ao Plan Xeral.
O venres 12, a Xunta de Goberno Local reunirase con carácter extraodinario para dictaminar o PXOM. O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo manterá un encontro co mesmo propósito o luns día 15. Nesa mesma xornada, xusto despois do Consello da Xerencia, a Xunta de Voceiros decidirá a data e hora do Pleno extraordinario en que os grupos políticos debaterán sobre a aprobación inicial do Plan.
Plan Especial do Ensanche
Por outra parte, o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou por unanimidade unha moción do PSdeG-PSOE que insta a empresa Consultora Galega a entregarlle á Xerencia de Urbanismo, no prazo de un mes, o informe previo e o documento de avance do Plan Especial de Ensanche-Cidade Central de Vigo. O Consello da Xerencia advírtelle a Consultora Galega que o incumprimento dese prazo suporá a inmediata incoación de expediente administrativo de resolución do contrato de asistencia técnica asinado polo Concello e a empresa para a realización do dito Plan.
Descargar todas as imaxes