Escoitar

Unhas xornadas analizarán os factores que provocan violencia e fracaso escolar

"Xestionar a igualdade para previr a violencia " é o titulo xenérico dunhas xornadas que se celebrarán os días 26 e 27 de maio en Caixanova que organiza a concellería da Muller destinadas principalmente a profesorado, profesionais do eido social, nais e pais de alumnos, e calquera persoa interesada. As xornadas pretende ser un lugar de encontro para a reflexión e o análise dos axentes que favorecen a violencia e o fracaso escolar.

xoves, 4 mai 2006
1146745133igualdade.jpg
A concelleira da Muller, Lucía Molares, manifestou que coas xornadas pretendese contribuir á eliminación da discriminación por razóns de sexo que sofren as mulleres e inscríbese no marco do III Plan de Igualdade 2005-2007.

As xornadas estarán impartidas por Begoña Salas García e Inmaculada Serrano Hernández e organizadas en tres sesións que comezarán cunha conferencia marco e completase coa realización de talleres.

A concellería da Muller acreditará a asistencia ás xornadas a todas as persoas asistentes cun diploma acreditativo. Ademais o profesorado que asiste aos talleres específicos para o colectivo recibirá un certificado acreditativo conforma a Xornada está homologada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

O prazo para participar xa está aberto e deberá formularse cun boletín de inscrición a través do número de fax: 986 430 082 ou ben facilitar os datos a través do correo electrónico ofi.muller@vigo.org Para máis información : Concellería da Muller , teléfono 986 810 284
Descargar todas as imaxes