xoves, 30 xuñ 2005
O alleamento de "Finca Solita" á empresa "Frapejus, S.A." foi aprobado polo Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo grazas ao voto de calidade da súa presidenta, Corina Porro, polo prezo de 368.270 euros.
xoves, 23 xuñ 2005
Os permisos chegaron hoxe xoves á xerencia de Urbanismo e afectan a 624 vivendas, rematando o proceso administrativo previo á súa habitabilidade.
martes, 21 xuñ 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local a aceptación dunhas obras de urbanización pertencentes ao Plan Parcial de Navia. Está previsto que o mesmo Consello da Xerencia entregará as licenzas de ocupación o xoves día 23.
luns, 20 xuñ 2005
O martes, día 21, reunese o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión extraordinaria e urxente na sala de reunións da sede da Xerencia, ás 10 horas, para tratar de diversas actuacións do plan parcial de Navia.
xoves, 16 xuñ 2005
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo reunirase o martes 21 nunha sesión extraordinaria e urxente para acordar a aceptación e recepción parcial das obras de urbanización das parcelas 1-A e 1-B de Navia. O xoves 23 entregaranse as licenzas de ocupación das vivendas.
xoves, 9 xuñ 2005
O concelleiro José Manuel Figueroa explicou que o prego contempla unha duración de 40 anos e 96 millóns de euros, con 30 millóns de euros aportadas polas administracións. O vindeiro luns haberá unha reunión cos grupos políticos para que presenten as súas alegacións ao prego.
mércores, 8 xuñ 2005
A actuación conta cun orzamento de 790.829 euros e o elemento principal utilizado será o granito. A primeira fase corresponde ao tramo da Travesía entre Bailén e o calello situado á altura do número 138.<br />
<br />