xoves, 21 set 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo acordou hoxe xoves declarar deserto o procedemento e aprobación de expediente de contratación por procedemetno negociado para o alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello na Unidade de Execución IV-07 Montecelo Alto.
xoves, 14 set 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou a adxudicación do concurso para o alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello da U.E. Pobo Galego, ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia polo prezo de 2007.900 euros. O prazo de execución será de tres anos improrrogables.
xoves, 7 set 2006
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe xoves por unanimidade a aceptación de 10 cesións gratuítas de terreos, que serán destinados á ampliación, ensanche e mellora de camiños en varias parroquias do termo municipal.
xoves, 7 set 2006
El Consejo de la Gerencia Municipal de Urbanismo aprobó hoy jueves por unanimidad la aceptación de 10 cesiones gratuitas de terrenos, que serán destinados a la ampliación, ensanchamiento y mejora de caminos en varias parroquias del término municipal.
luns, 31 xul 2006
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns os padróns do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza urbana (IBI) e do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) de 2006, polos importes de 43,7 e 10,6 millóns de euros respectivamente.