Escoitar

O Colexio de Arquitectos adquire o aproveitamento urbanístico da parcela do "Pobo Galego"

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou a adxudicación do concurso para o alleamento do aproveitamento urbanístico atribuído ao Concello da U.E. Pobo Galego, ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia polo prezo de 2007.900 euros. O prazo de execución será de tres anos improrrogables.

xoves, 14 set 2006
No decurso da xuntanza da Xerencia o BNG presentou unha moción na que solicita ao goberno que se cumpra o acordo plenario de 27 de setembro de 2004 no que se instaba a que de xeito inmediato e integramente se cumpra o contido da Ordenanza Urbanística reguladora da Publicidade Exterior no termo municipal de Vigo. A moción tamén solicita a que se retiren as ocupacións ilegais dos espazos públicos e se saquen a concurso os mesmos, de acordo coa ordenanza.