luns, 11 setembro 2006

Licitadas as obras de mellora das beirarrúas do contorno de Urzaiz

A Xunta de Goberno Local licitou hoxe luns as obras de melloras de beirarrúas de varias rúas do contorno de Urzaiz, por valor de dous millóns de euros, así como a da Vía Norte e a Avenida Castelao. Tamén foron licitadas as obras de humanización da praza da Independencia, Rogelio Abalde, Churruca e outras rúas do Centro da cidade, por un importe de 1,5 millóns de euros.

A "Cow Parade" chegará a Vigo no 2007

luns, 11 set 2006

O próximno o ano – de abril a novembro- estará en Vigo a exposición "Cow Parade" coa instalación de figuras de vacas en espazos públicos da cidade que serán decoradas por artistas locais. A Xunta de Goberno aprobou hoxe luns a contratación da exposición coa empresa Ubiagrandal,S.L

Comezan os cursos de formación de voluntariado

luns, 11 set 2006

A Oficina Municipal de Voluntariado organiza dous cursos de formación de iniciación ao voluntariado co obxectivo de que todo o persoal voluntariado do servizo teña realizado este curso básico para poder realizar a súa acción.

Licitadas las obras de mejora de las aceras del entorno de Urzaiz

luns, 11 set 2006

La Junta de Gobierno Local licitó hoy lunes las obras de mejora de aceras de varias calles del entorno de Urzaiz, por valor de dos millones de euros, así como la de la Vía Norte y la Avenida Castelao. También fueron licitadas las obras de humanización de la plaza de la Independencia, Rogelio Abalde, Churruca y otras calles del Centro de la ciudad, por un importe de 1,5 millones de euros.