venres, 15 set 2006
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe venres un resumo das actividades do Arquivo Pacheco durante o último ano, das que salientou a súa vontade de difundir a súa presenza entre os vigueses e os foráneos, con exposicións como a que se realizou cos seus fondos na cidade brasileira de Niteroi, así como as actividades didácticas para nenos.
venres, 15 set 2006
O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) convida os seus visitantes desde hoxe venres a elaborar un arquivo fotográfico colectivo de todos os patios de recreo de Galicia. A proposta parte do artista Martín Pena, autor da exposición "Espazos de Recreo", que ocupará o Espazo Anexo do museo ata o próximo 3 de decembro.
venres, 15 set 2006
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, recibiu hoxe venres no Concello as representacións dos catro equipos que desputan esta fin de semana o XXIII Torneo Cidade de Vigo de Hockey sobre Patíns: o Follonica Hockey, de Italia, o FC Porto, o Liceo Vodafone da Coruña e o Vigo Stick.
venres, 15 set 2006
A Xunta de Goberno Local está convocada para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 18 de setembro de 2006, ás 8:00 horas en primeira convocatoria e ás 9:00 en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación.